gonzalo navaza

Gonzalo Navaza Filólogo, escritor e traductor nacido en Lalín en 1957. É profesor universitario en Vigo. A súa obra literaria é dunha gran orixinalidade. En 1991 publicou Fábrica íntima, que recibiu o Premio Eusebio Lorenzo Baleirón. A este seguiu A torre da derrotA, interesante poemario construído todo el coa difícil técnica dos versos palindrómicos. En 2000 apareceu Libra, que recibiu ese ano o Premio Martín Códax e o ano seguinte o Premio Nacional da Crítica. Da súa obra narrativa destaca especialmente Erros e tánatos (1996), conxunto de relatos que toman como motivo as equivocacións e a morte.

En 2008 publica en Galaxia a tradución de As flores do mal, de Baudelaire.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

foto
mercar
Fábrica Íntima
A obra dun poeta sólido, preocupado tanto pola construción poética como pola linguaxe ou significado dos versos.8,95€
foto
mercar
Libra
"Dende o bicarelo do bico do brelo
o verbo pinga pingas de cristal carambelo
sobre a páxina en branco de silencios xeada."
11,75€

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

grial-227Grial 227 VV.AA.
9788491514916Flores de ferroMaría Rei Vilas
9788491515562TiAnjel Lertxundi

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR