fran

Francisco Castro Francisco Castro (Vigo, 1966) director xeral da Editorial Galaxia. En 2010 foi elixido presidente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix). É un dos narradores galegos que comezaron a publicar no inicio do século XXI. A súa narrativa destaca pola orixinalidade á hora de abordar xéneros moi diferentes. É autor do libro de relatos eróticos Xeografías, de A canción do náufrago, ambos de 2001, e do relato histórico Memorial do infortunio. En 2004 publicou Xeración perdida, novela coa que adentra ao lector no mundo das drogas, e Un bosque cheo de faias, que gañou o Premio Frei Martín Sarmiento. Recibiu en 2006 o Premio Blanco Amor de novela longa con Spam que publica Galaxia. En 2007 resultou gañador do Premio de Novela Manuel García Barros, concedido polo Concello da Estrada, coa novela As palabras da néboa, publicado por Editorial Galaxia. No mesmo ano publica 'O ceo dos afogados' que foi finalista do premio Fundación Caixa Galicia e que recibiría o Frei Martín Sarmiento como mellor libro do ano. En 2009 obtivo o Primeiro Accésit e Pluma de Prata no I Certame de Xornalismo de Opinión Raimundo García ‘Borobó’ polo seu artigo titulado ‘Borobó despedido’. No eido da narrativa infantil e xuvenil é autor de 'Chamádeme Simbad' (2009), Premio Frei Martín Sarmiento e lista de Honra do IBBY, e 'O segredo de Marco Polo' (2010). En 2013 resultou gañador do Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia pola súa obra 'O corazón da Branca de Neve' e, en 2014, publicou a novela xuvenil 'Tes ata as 10', obra que recibiría o Premio Frei Martín Sarmiento en 2016. En 2018 entrou a formar parte da sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega.  


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

iridium
mercar
IRIDIUM
Iridium é unha historia de amor. Ou é unha historia de discriminacións e inxustizas. Ou é unha historia sobre a amizade máis aló das dificultades. Ou é unha historia sobre unha raíña do Instagram e un malote moi malo.11,50€
Tes ata as 10
mercar
Tes ata as 10
Unha novela trepidante que non vas poder deixar de ler ata o final

Premio Frei Martín Sarmiento 2016 como Mellor Novela de Adultos
14,70€
Amor é unha palabra como outra calquera
mercar
Amor é unha palabra coma outra calquera
Amor é unha palabra coma outra calquera... ou non.18,70€
marco
mercar
O segredo de Marco Polo
Amor, intriga e aventuras na Venecia do século XIII10,70€
NENO
mercar
O neno can
O libro entrou en 2013 na LISTA DO CENTRO IBBY DE DOCUMENTACIÓN PARA NENOS CON DIFICULTADES ESPECIAIS
Premio Frei Martín Sarmiento 2014
Lista de Honor da revista CLIJ 2014

Ven coñecer as historias de Aakesh, Nadim, Altair, Leila, Carlos...
Un libro a favor de UNICEF
12,20€
spam
mercar
Spam
Premio Blanco Amor 2005
Unha novela que xoga con hipertexto de Internet e racha co discurso literario tradicional.
13,20€
O corazón da Branca de Neve
mercar
O corazón da Branca de Neve
Premio de Novela de Entregas 2013 de La Voz de Galicia14,20€
simbad
mercar
Chamádeme Simbad
O avó fai cousas raras. Esquécese de todo. Cámbialle o nome a todo o mundo. Incluso ao seu neto. Que se chama Paulo, pero que para o avó é Simbad o Mariñeiro.12,30€
vino
mercar
In vino veritas
Unha nova novela de Francisco Castro, na que o autor de 'Spam' aborda o xénero policial en clave de parodia.20,90€
xeracion perdida
mercar
Xeración perdida
A historia dun "camello" e de toda unha xeración, xente que caeu na droga e que intentou sobrevivir.11,90€
neboa
mercar
As palabras da néboa
Premio García Barros 200720,30€
 

Recensións

Sinatura de Francisco Castro2008-07-02 20:30:00
Sinatura de Francisco Castro2011-07-27 20:00:00
IN VINO VERITAS en Rianxo2011-10-28 20:30:00
Presentación de O NENO CAN2012-05-16 12:30:00
Sinatura de Francisco Castro2012-05-27 18:00:00
"Conversas con Simbad"2012-09-20 18:30:00
Francisco Castro en Bilbao2012-11-13 17:30:00

Noticias relacionadas

Os mellores de 20092011-06-28 10:54:34
Lecturas para un verán2010-11-04 13:01:46
Presentación de PEL CON PEL2011-03-18 10:22:24
O soño de Simbad2011-05-04 14:04:15
Nós, tamén escritoras2011-05-04 14:04:15
Presentouse IN VINO VERITAS2011-11-29 09:40:28
Actos de Galaxia no Festigal2012-03-27 10:32:07
Conversas con Simbad2012-11-05 15:03:59

Actividades relacionadas

Sinatura de Francisco Castro2008-07-02 20:30:00
Sinatura de Francisco Castro2011-07-27 20:00:00
IN VINO VERITAS en Rianxo2011-10-28 20:30:00
Presentación de O NENO CAN2012-05-16 12:30:00
Sinatura de Francisco Castro2012-05-27 18:00:00
"Conversas con Simbad"2012-09-20 18:30:00
Francisco Castro en Bilbao2012-11-13 17:30:00

Novidades

grial-221Grial 221 VV.AA.
estrelecerEstrelecerCarlos Labraña
9788491513308MnemeaXosé Duncan

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR