fernando-fernandez-rego-patricia-maronas

Fernando Fernández Rego (Ferrol), é licenciado en Química pola USC e traballa como profesor de educación secundaria. Ademais é administrador da web musical LaFonoteca.net, escribe para Mondosonoro e a Rockdelux, e colabora con múltiples plataformas tanto dixitais como impresas. Publicou unha novela, Desorden (Ediciones Oblicuas, 2009) ­­­—un tratado de existencialismo pospunk­—, abar­­cou o relato e a poesía en Blues From A Gun: Secuencias Interiores (Volta, 2011), entregou ensaios como o libro+CD 50 anos de pop, rock e malditismo na música galega (Toxosoutos, 2010) ou Galicia en Clip (Volta, 2012), este último xunto a Pablo Portero; e ta­mén biografías como a da banda de Lugo ­­Los Contentos —Cuando Ríes. Los Contentos (Unos malditos pioneros del ga­ra­ge) (Xonix, 2014)— xunto a Piti Sanz (prólogo de Luís To­sar) e a de ­—Andrés do Barro Andrés do Barro. Saudade (La­fonoteca, 2015)—. Xunto a Sergio Peck (Carrero Bianco) é o responsable do selo discográfico Ferror Records. Non para quieto nunca. (Foto do autor de: @Patricia Moroñas)


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

unha-historia-da-musica-en-galicia
mercar
Unha historia da música en Galicia. 1952-2018
Estamos ante unha intensa viaxe que comeza con aquelas orquestras que percorrían o mundo en furgonetas por estradas imposibles. 43,00€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514169A casa xunto ao volcánXosé Ricardo Losada
9788491514053Atranco no bancoManuel Núñez Singala

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR