fernando-castro-paredes

Fernando Castro Paredes Nace en Tapia de Casariego (Asturias) en 1975. É licenciado en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade exerce como profesor de ensino secundario no IES Fernando Blanco de Cee. Traballa no eido do teatro escolar e afeccionado, sendo un dos coordinadores da agrupación escolar Tuéjele Teatro e membro do Grupo Farándula Velutina, cos que desenvolve actividades por toda a xeografía galega. É autor dos poemarios Caderno de don(i)celas, Coma se nada sucedese e Excrementos (todos eles accésits do Premio Francisco Añón de Poesía); do relato O espacio exterior (Premio de Narrativa Historias na Universidade) e das pezas teatrais Pallaso (Premio Varela Buxán de Textos Teatrais) e No ventre da balea (accésit do Premio de Teatro Breve Jenaro Marinhas del Valle).


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

a-derradeira-bala
mercar
A derradeira bala
I Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño 201811,00€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

as-ramonasAs ramonasAna Cabaleiro
adios-maria-2018Adiós MaríaXohana Torres

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR