esther-carrodeguas

Esther F. Carrodeguas (Rianxo, 1979). Polifacética artista, esta rianxeira de boa cepa asenta o seu currículo vital entre as letras, o audiovisual e o teatro. A súa escrita máis persoal cabalga normalmente por riba dos lindes que separan os xéneros, de maneira que moitos dos seus textos resultan difícil de clasificar. Premiada en 2006 co Modesto R. Figueiredo, do Pedrón de Ouro, polo relato Subir o telón (Edicións do Castro, 2008), coa súa primeira publicción en solitario. Collage (Ed. Barbantesa, 2011), reafírmase nunha escrita fortemente persoal e poética. A partir de entón, a súa carreira profesional foi derivando de cara ao teatro, publicando diversos textos (máis ou menos imposibles) na revista Núa de artes escénicas. Graduada en Dirección e Dramaturxia pola ESAD de Galicia no ano 2016, déixase notar a súa formación previa como xornalista, non só na súa colaboración habitual na Revista Galega de Teatro, senón sobre todo no seu teatro que, sendo moi pético, nace en realidade dunha necesidade vital de investigación. Deste xeito naceu na butaca, pero tamén a premiada Voaxa e Carmín (Difusora de Artes, Letras e Ideas, 2016. Premio Abrente de Textos Teatrais 2015). Na actualidade dirixe, xunto a Xavier Castiñeira, a compañía teatral ButacaZero.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

na-butaca
mercar
Na butaca. Fantasía nº 3 en Dor Maior
Na butaca aborda de maneira poética e optimista o tema do esquecemento como doenza tipo demencia ou alzhéimer que adoita instalarse nas mentes de persoas de certa idade.10,00€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

a-senda-de-salA senda de salFran Fernández Davila
a-liberdade-no-seculo-xxiA liberdade no século XXIEnrique Sáez Ponte
o-cidadan-perfectoO cidadán perfectoRaquel Ricart Leal

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR