enrique-saez-ponte-andarasan-dhanushkodi

Enrique Sáez Ponte (A Coruña, 1947) é licenciado en Economía e Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e MBA polo IESE (Barcelona). Asistiu a cursos de especialización na Northwestern University (Illinois, EUA) e na Universidade de Cambridge (Reino Unido). Traballou durante trinta anos no Banco Pastor, ocupando postos de alta dirección nos derradeiros catorce anos desta etapa, que rematou en 2003. Na actualidade, ademais de ser administrador de varias sociedades, preside a Fundación Juana de Vega. É patrón no Museo do Pobo Galego e asesor do IGADI. Á marxe da súa actividade profesional, interesouse especialmente por temas relacionados co comportamento colectivo, o desenvolvemento, o funcionamento da economía somerxida e a situación de Galiza. Publicou munerosos artigos, ademais de participar en obras colectivas, e é autor de dous ensaios: O mundo e nós (1999) e La energía oscura del dinero (2007).


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

a-liberdade-no-seculo-xxi
mercar
A liberdade no século XXI
O crecemento da poboación e da economía que se rexistra desde hai douscentos anos crea condicións sociais moi diferentes ás de tempos históricos anteriores.14,00€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

a-senda-de-salA senda de salFran Fernández Davila
a-liberdade-no-seculo-xxiA liberdade no século XXIEnrique Sáez Ponte
o-cidadan-perfectoO cidadán perfectoRaquel Ricart Leal

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR