encarna

Encarna Otero Encarna Otero Cepeda (Santiago de Compostela, 1950). Ademais da súa intensa actividade política desde os anos 70, foi profesora de historia no Instituto Eduardo Pondal en Santiago. A partir de 1986 formou parte do "Seminario Permanente de Historia de COU" que, coordinado polo profesor Ramón Villares, elaborou un libro de texto de Historia do Mundo Contemporáneo publicado por Editorial Galaxia-SM. En 1987, este mesmo seminario editou unha Guía de Historia do Mundo Contemporáneo, publicado pola Universidade de Santiago. Tamén colaborou nun libro de texto de Ciencias Sociais para 4º de ESO editado por A Nosa Terra. Ten colaborado en diferentes publicacións como A Nosa Terra, O Ensino, Andaina e Festa da Palabra Silenciada, con diversos artigos sobre a muller na historia.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

branco
mercar
O branco país sen neve
Fermoso álbum con textos de Encarna Otero e ilustracións de Elisa Gallego Picard

17,60€
serea
mercar
A serea do mundo
Fermoso álbum con textos de Encarna Otero e ilustracións de Elisa Gallego Picard17,60€

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR