Emilio

Emilio Pérez Touriño Emilio Pérez Touriño (A Coruña, 1948) é doutor en Ciencias Económicas e profesor numerario na USC. Autor de numerosos traballos, entre os que destaca Economía campesiña e capital: a evolución da agricultura galega (1960-1980), foi Premio Nacional de publicacións agrarias en 1982 co estudo Análisis de la pequeña producción campesina. Máis recentemente, publicou A Galicia emprendedora e En clave de país e, no 2012, dirixiu El espacio eurorregional Galicia-Norte de Portugal. Crisis y perspectivas.

Comprometido cos movementos democráticos de loita polas liberdades, participou directamente no proceso do Estatuto de Autonomía de Galicia e nos Pactos do Hostal. Subsecretario do Ministerio de Transportes e secretario xeral de Infraestruturas entre 1985 e 1994, foi secretario xeral do PSdeG de 1998 a 2009, e presidente da Xunta de Galicia durante o período 2005-2009.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

Crise global e crise da política
mercar
Crise Global e crise da política. Unha ollada dende Galicia
Logo da publicación de O futuro é posible en 2012, Emilio Pérez Touriño volve tirar do prelo outra obra, desta volta relacionada coa actualidade: Crise global e crise da política. O expresidente da Xunta de Galicia debulla neste libro unha ollada á crise que nonse limita a análise senón que formula unha proposta dende Galicia.20,95€
futuro
mercar
O futuro é posible
Retrato dun tempo de cambio. Galicia (1998-2009)29,75€

Recensións


Noticias relacionadas

Pérez Touriño en Vigo2013-03-05 11:37:04

Actividades relacionadas

O FUTURO É POSIBLE2012-11-22 19:30:00
Encontro con Touriño2012-11-29 19:00:00

Novidades

9788491514435O caderno de RosalíaMaría Xesús Blanco
9788491514398VillardevósSilvio Santiago
grial-224Grial 224 VV.AA.
rimaletrasRimaletrasMar Guerra

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR