García-Sabell

Domingo García-Sabell Naceu en Santiago de Compostela en 1909 e morreu na Coruña en 2003. Este escritor, político e médico é unha das figuras máis recoñecidas e respectadas do pensamento galego do século XX. Destacou no ámbito da medicina en temas de metabolismo e nutrición. De 1981 a 1996 foi delegado do Goberno en Galicia. Na súa producción como escritor elaborou numerosas biografías de artistas e intelectuais de Galicia e de fóra do país, e tratou temas como o erotismo, a morte e a saudade. Destacan Rosalía y su sombra, Análise existencial do home galego enfermo e outros ensaios, Os gromos do pensamento e Paseata arredor da morte.

García-Sabell foi presidente da Real Academia Galega e académico numerario das academias de Belas Artes, Ciencias e Medicinia e Cirurxía. Presidiu a Editorial Galaxia, foi conselleiro da Fundación Penzol e recibiu entre outros recoñecementos o Premio das Artes e das Letras de Galicia (1998).


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

facianas
mercar
As facianas do erotismo contemporáneo e outros ensaios
Catro ensaios sobre temas de importancia capital na cultura do noso tempo.14,50€
analisis existencial
mercar
Análise existencial do home galego enfermo e outros ensaios
o20,95€
gronos
mercar
Os gromos do pensamento
García-Sabell reflexiona sobre temas fundamentais para compartir co lector a procura da significación fonda das cousas.21,70€
tempo lecer
mercar
Tempo de lecer
Escolma de artigos xornalísticos.21,95€
foto
mercar
Paseata arredor da morte
As reflexións sobre a morte dun dos nosos máis grandes pensadores.17,95€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514435O caderno de RosalíaMaría Xesús Blanco
9788491514398VillardevósSilvio Santiago
grial-224Grial 224 VV.AA.
rimaletrasRimaletrasMar Guerra

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR