diego-giraldez-thomas-harris-e-mateo-h-soto

Diego Giráldez (O Porriño, 1976) leva toda a súa vida profesional vinculado ao xornalismo. Dirixiu distintos xornais e revistas, e  colaborou como columnista de opinión en medios como A Nosa Terra, A Peneira e Xoral de Galicia, e, a través de reportaxes culturais, con El País. Na actualidade escribe para o diario dixital Praza Pública e a revista Luzes e dedícase profesionalmente á comunicación corporativa. Licenciado en Historia del Arte, ten varios traballos publicados, que van dende a arquitectura ata a historia económica. Sen renunciar á creación literaria, con vinte anos participou, canda outros autores, no poemario Baldío. Máis tarde, en 2016, saía á luz Galería de saldos, o seu primeiro traballo literario de narrativa. Este libro de relatos valeulle o aplauso unánime de crítica e público, sendo elixido "Autor galego do ano" polo lectorado da revista Fervenzas Literarias. En 2010, gañou o Premio Literario "José Saramago" de relato curto. Ese mesmo ano recibiu na súa localidade de nacemento o Premio Círculo "Cultura". En 2015, fíxose co primeiro accésit do Certame Nacional de Narracións Breves "Modesto R. Figueiredo" e un ano despois gañou o prestixioso premio literario "Manuel Murguía". Foto do autor: © Thomas Harris e Mateo H. Soto


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

hotel-para-coleccionistas-discretos
mercar
Hotel para coleccionistas discretos
Nas altas esferas de poder da patria só hai psicópatas.13,00€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514053Atranco no bancoManuel Núñez Singala
9788491514060A sombra das árboresAna Abad de Larriva
9788491514015Os jeans de MaríaLois Alcayde Dans
9788491514046CarruselBerta Dávila

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR