dario

Darío Xohán Cabana Naceu en 1952 na aldea de Roás, no concello lugués de Cospeito. Actualmente é funcionario no Concello de Lugo, onde se dedica á xestión de asuntos culturais. Comezou a súa xa longa andaina literaria no ámbito da poesía, con libros como Romanceiro da Terra Chá (1973), Ábrelle a porta ó día (1981), A fraga amurallada (1983), ou Amor e tempo liso (1988), entre outros.

A narrativa é na actualidade a súa ocupación preferente. Neste xénero deu nos últimos anos varios títulos, entre os que figuran Galván en Saor (1989), Fortunato de Trasmundi (1990), As aventuras de Breogán Folgueira (1990), Vidas senlleiras (1992), O cervo na torre (1994), Morte de rei (1996) e Inés e a cadela sabia (2000). Tamén goza Cabana de merecida sona como tradutor polas súas versións galegas do Cancioneiro de Petrarca, A Divina Comedia e Vida nova de Dante.

En maio de 2006 publica con Galaxia o poemario Cabalgada na brétema.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

cabalgada
mercar
Cabalgada na brétema
Un libro que contén mortos e melancolía, unha historia e terra, e cólera.10,75€
dende himalaia
mercar
Dende o Himalaia a Ceilán
Escolma de lendas populares hindús, dirixidas aos lectores novos0,00€
as viaxes do principe
mercar
As viaxes do Príncipe Azul
A historia dun príncipe farto de ser príncipe.10,60€
castron
mercar
O castrón de ouro
Velaquí un libro que fala de épocas pasadas traídas ao presente.10,60€

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR