kehlmann

Daniel Kehlmann Daniel Kehlmann (Múnic, 1975) ten publicadas as novelas Beerholms Vorstellung (1997), Mahlers Zeit (1999) e Ich und Kaminski (2003), un libro de relatos titulado Unter der Sonne (1998) e un libro de ensaios. As súas obras están traducidas a máis dunha ducia de linguas e obtivo con elas varios galardóns, o último deles, o Premio Candide 2005. A súa novela Ich und Kaminski converteuse nun grande éxito internacional. Críticos literarios da relevancia do alemán Marcel Reich-Ranicki afirman da súa obra: "Recomendo a Daniel Kehlmann sen reservas. Intelixencia, capacidade de observación e fabulosos diálogos". Outras opinións da prensa internacional: "A novela alemá máis divertida deste ano" (Süddeutsche Zeitung), "Ao contar a vida dos seus personaxes, anécdota a anécdota, Kehlmann dá pé a un verdadeiro pracer literario" (Der Spiegel).


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

fama
mercar
A fama. Novela en nove historias
A nova historia do autor de "A medición do mundo".15,95€
medicion
mercar
A medición do mundo
Na Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, que Editorial Galaxia publica en colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello de Santiago, sae á luz a novela A medición do mundo, de Daniel Kehlmann, un dos autores alemáns máis brillantes das últimas xeracións. Deste xeito, chegan aos lectores galegos as novidades literarias europeas ao mesmo tempo que se publican no resto de Europa.20,95€

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR