clive

Clive Barker Clive Barker (Middlesbrough, Yorkshi­re, 1931-York, 2005) formouse na Bristol Old Vic School e pasou a formar parte do Theatre Workshop de Joan Littlewood en 1955, onde iniciou unha longa traxectoria como actor e director, realizando traballos en Inglaterra, Alemaña, Estados Unidos ou Colombia, con autores como Brendan Behan, Tom Stoppard, Christopher Marlowe, Shelagh Delaney, Slavomir Mrozek ou Miguel de Cervantes. En 1966 comezou a súa longa traxectoria docente na Universidade de Birmingham, no departamento de Drama e Artes Teatrais, traxectoria que remataría na Universidade de Warwick en 1996. Tamén desenvolveu unha longa actividade no ámbito do teatro social e comunitario e no campo do teatro para persoas con necesidades educativas especiais, colaborando habitualmente co grupo The Shysters.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

xogos
mercar
Xogos teatrais. Unha perspectiva nova na educación teatral
Os xogos e actividades recollidos neste manual teñen como finalidade que calquera persoa vinculada coa interpretación teatral poida desenvolver a súa técnica sen inhibicións nin artificios25,95€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

9788491515562TiAnjel Lertxundi
9788491514879Benvidos á cidadeXurxo Sierra Veloso
poeta-en-nova-yorkPoeta en Nova YorkFederico García Lorca
9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR