clara

Clara do Roxo A Clara do Roxo o que máis lle gusta facer na vida é ler e escribir. Tamén é feliz cando anda en bici, ou pasea pola praia do Vao en inverno. Vólvenlle tola as chuches, aínda que xa sabe que son moi malas para os dentes. Como o seu maxín andou sempre de castelo en castelo mergullado nos tempos antigos, decidiu estudar Historia, para comprender mellor a vida e aventuras dos reis e raíñas e das damas e cabaleiros, os seus segredos e degoxos e tamén para coñecer os motivos incomprensibles das guerras terribles que sucederon hai tantos e tantos anos. E así foi como agora, xa de maior, acadou o seu maior devezo, ser escritora de verdade. Esta é a súa primeira novela, que imaxinou para o seu fillo pequeno e para todos os nenos que teñan unha ilusión na súa cabeciña.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

A mamá que perdeu as cóxegas
mercar
A mamá que perdeu as cóxegas
Nas últimas semanas estaba a pasar algo rarísimo na miña casa10,50€
princesiña
mercar
A princesiña que conducía unha locomotora
Farto de historias de princesiñas ñoñas que o único que queren é casar cun Príncipe, a poder ser, azul? A que non sabías que hai princesas que o que máis lles gusta, máis que converterse en raíñas é conducir trenes?10,50€

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR