FOTO CHARO PITA

Charo Pita Charo Pita di que naceu á idade de seis anos cando rematou de ler o seu primeiro libro. Recoñece estar sempre a medio camiño: nin pícara nin adulta, nin gorda nin fraca, nin loura nin morena, nin india nin vaqueira, nin de aquí nin de alí, unha salvaxe apracible, entre o po da viaxe e a modorra dunha butaca vella, unhas veces coa palabra na boca, outra coa música... O seu traballo como narradora abrangue diversas áreas, desde o conto infantil ata o relato erótico ou de terror e as montaxes musicais. Tamén imparte talleres de narración oral, desde o ano 1994, por todo o ámbito da xeografía española. Estudou Canto, Interpretación e é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Salamanca. Como escritora recibíu algúns premios literarios e ‘Estamos no verán!!!’ e a súa primeira publicación na Editorial Galaxia.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

no-pais-do-vento
mercar
No país do vento
Nada queda quieto:20,00€
Oxalá estiveses aquí
mercar
Oxalá estiveses aquí
Charo Pita volve ofrecernos unha historia chea de aventuras e aprendizaxe,10,50€
Estamos no verán
mercar
Estamos no verán!!!
ESTAMOS NO VERÁN!!! é unha fascinante novela-disco que nace da colaboración entre a escritora Charo Pita e o músico Xoán Curiel.20,00€
 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR