dickens

Charles Dickens Charles John Huffan Dickens (Portsmouth, 1812 – Gad's Hill Place, 1870), famoso novelista inglés e un dos máis coñecidos da literatura universal. Soubo manexar con mestría o xénero narrativo, o humor, o sentimento tráxico da vida, a ironía, cunha aguda e álxida crítica social así como as descripcións de xentes e lugares, tanto reais como imaxinarios.

Críticas posteriores, como as de George Gissing e G. K. Chesterton, defenderon e aclamaron o seu dominio da lingua inglesa como inigualable, os seus personaxes como creativos e inolvidables e a súa sensibilidade social como atraente. Non obstante, tamén recibiu críticas dos máis extraordinarios lectores, incluíndo a George Henry Lewes, Henry James, e Virginia Woolf, quenes sinalaron certos defectos, como sentimentalismo difuso, acontecidos irreais e personaxes grotescos.

A popularidade das súas novelas e relatos cortos durante a súa vida e na actualidade é fácilmente demostrada polo feito de que ningunha se deixou de publicar. Dickens escribiu novelas seriadas, un formato usual para a ficción na súa época, pola simple razón de que non todo o mundo tiñá os recursos económicos necesarios para comprar un libro, e cada nova parte das súas historias era esperada con gran entusiasmo polos seus lectores, nacionais e internacionais. Dickens é actualmente, coma sempre o foi, admirado por escritores en todas partes coma un ídolo literario.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

oliver twist
mercar
Oliver Twist
A obra literaria de Charles Dickens é unha das referencias fundamentais da narrativa do século XIX.23,75€
 

Recensións


Noticias relacionadas

Dickens, 200 anos despois2012-06-08 12:13:40

Actividades relacionadas


Novidades

9788491514725Unha estrela para AminaCelia Díaz Núñez
cronica-viva-do-pensamento-galegoCrónica viva do pensamento galegoMarcelino Agís Villaverde
arbores-no-desertoÁrbores no desertoRosalía Fernández Rial

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR