celestino fernandez

Celestino Fernández de la Vega Celestino Fernández de la Vega (Friol, 1914-Lugo, 1986), avogado e ensaísta. É un dos maiores expoñentes do ensaio galego xurdido na década de 1960 ao redor de Editorial Galaxia. Foi un dos introdutores en Galicia do pensamento de Martin Heidegger, de quen traduciu en 1956, xunto con Ramón Piñeiro, Da esencia da verdade.
Escribiu numerosos artigos de prensa en publicacións como Faro de Vigo, La Voz de Galicia, La Noche e El Progreso.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

segredo
mercar
O segredo do humor
Un libro que en 1963 tratou con profundidade interpretativa un problema difícil e complexo, que se resiste como poucos ao agudo estilete da meditación filosófica.13,40€
ensaios
mercar
Ensaios a proba do tempo
A obra ensaística do autor de O segredo do humor e introdutor de Heidegger en Galicia non era abondo coñecida por estar publicada de xeito disperso. Por primeira vez reúnense nun libro ensaios e artigos que, co paso do tempo, adquiren aínda meirande relevancia e multiplican os seus significados.19,00€
segredo
mercar
O segredo do humor
Unha das obras fundamentais do ensaio galego, publicada en 1963.19,00€
 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR