Carlos Vila

Carlos Vila Sexto Naceu na Coruña en 1977, aínda que a súa vida familiar está moi ligada á cidade de Ourense, onde transcurriu boa parte da súa infancia e adolescencia. Lector e escritor precoz, deuse a coñecer aos catorce anos cando publicou a súa primeira obra, Alén da aventura (1992), gañadora do certame de novela xuvenil "Rúa Nova". Un ano máis tarde deu ao prelo Gárgola, tamén na colección Costa Oeste, e outro exemplo do tipo de novela que a Carlos Vila Sexto lle gusta contar: historias ben construídas nas que o medo, o terror ou o suspense fan que o lector non poida deixar de ler. En 1995 publicou Cara a fin da luz, abrindo un período no que se volcou na escrita de guións para series audiovisuais e películas, ámbito no que centra o seu traballo profesional. Afincado en Madrid desde hai anos, Vila Sexto regresa á creación literaria cunha novela na que nos ofrece o mellor do seu estilo, ese que xa leva cativado a miles de lectores "As sete mortes".


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

Alén da aventura
mercar
Alén da aventura
É o libro co que Carlos Vila Sexto gañou o V Premio Rúa Nova de narracións xuvenís cando era un rapazolo moi moi moi novo. Agora recuperamos nesta nova edición un libro que continúa sorprendéndonos pola súa frescura e, sobre tidim pola intriga...12,20€
gargol
mercar
Gárgola
Unha novela de terror na que o realismo da ambientación convive coa presenza do sobrenatural e o inexplicable.10,20€
O enigma de Caronte
mercar
O enigma de Caronte
Unha gran novela chea de intriga dende a primeira páxina.15,20€
sete
mercar
As sete mortes
"Varona inclinouse sobre o cadáver e apartou a saba. Laura quedou paralizada. Soubo de inmediato que aquel caso non ía facer máis que complicarlle a vida..."14,50€

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR