carlos mosteiro

Carlos Mosteiro Carlos Mosteiro naceu en 1955 (finou no mes de xullo de 2017). Era novembro e xoves, ás oito da tarde, día tres. Foi en Santo Andrés de Xeve. A súa nenez era feliz. Tiña unha nai marabillosa que non tiña negro na súa paleta de cores de pintora da vida. Nos días previos ó nacemento do seu fillo andou a rezar día e noite e a untar a barriga con non se sabe qué herbas, para que o Carlos non viñese ó mundo no día de defuntos. Ten tantas lembranzas daquela época que non collerían nesta páxina... E logo e de súpeto os anos, os anos que empezan a pasar a velocidade de vertixe; maxisterio, escola, moitos lugares diferentes en pouco tempo: Tui, Vilagarcía de Arousa, Cambados, Moraña e finalmente, a Pobra do Caramiñal. E despois Lourdes e logo Lourdes outra vez e agora Lourdes aínda. E dous elementos -queridos e imprescindibles- que lle enchen a casa de ruídos e que non o deixan a penas escribir: Xoán Silverio e Antía.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

foto
mercar
O día que Miguel Indurain pasou por Gonderande
Relatos rebeldes, fantásticos e, ás veces, tristes nos que a infancia e os rapaces son os verdadeiros protagonistas7,20€
irene
mercar
Manual de instruccións para querer a Irene
A iniciación no amor e na dor dunha rapaza de catorce anos que vén de facer un descubrimento terrible sobre si mesma0,00€

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

minutos-para-medianoiteMinutos para medianoiteXavier QueipoRamón Neto
a-noite-do-loboA noite do loboAbel Tomé
o-misterio-do-torque-de-burelaO misterio do torque de BurelaAntía Yáñez Rodríguez
un-vento-que-pasaUn vento que pasaAlfredo Conde
matar-o-heroeMatar o heroeAdolfo Caamaño

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR