Carlos Labraña

Carlos Labraña Naceu en Cedeira en 1969. Fundou en 1988 o Colectivo Garola, dedicado á creación e montaxe de pezas de teatro infantil. Con eles participou na escrita de varias pezas dirixidas ao público máis novo, das que podemos salientar: O segredo de Daniel e A escada, ambas as dúas gañadoras do Certame Xeración Nós. Máis adiante, continua a escrita de maneira individual ou en colaboración cos seus irmáns Antón e Sabela con pezas como: O teatro dos soños; Indo para o Samaín, baseada na festa das cabazas; Os sons da buguina, finalista do Premio Meiga Moira; Teatro de xoguete, Premio Estornela; e Espantallo, Premio O Facho. Recentemente, formou o grupo de teatro Os Furabolos, para levar á escena ás súas obras.
© Fotografía de Roberto Santaballa


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

estrelecer
mercar
Estrelecer
Nun mundo onde as rapazas poidan ser libres10,70€
o-apalpador
mercar
O apalpador
O apalpador baixa da montaña cunha presada de castañas para ti.10,20€
Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada
mercar
Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada
PREMIO GALA DO LIBRO GALEGO 2017 CATEGORÍA DE TEATRO10,80€
 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR