bernardino graña

Bernardino Graña Bernardino Graña (Cangas do Morrazo, 1932) foi catedrático de Lingua e Literatura. Desde ben mozo formou parte do Consello de Redacción da revista poética Alba. Participou tamén como articulista en La Noche Faro de Vigo, ademais de colaborar como ensaísta en numerosas publicacións. En 1958 participa na creación do grupo Brais Pinto, en Madrid, e foi impulsor e primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). É autor dunha ampla obra que abrangue diferentes xéneros. Da súa produción poética pódense salientar títulos como Profecía do mar (1966), Non vexo Vigo nin Cangas (1975) ou Se o noso amor e os peixes… (1980). Tamén é autor de novelas, entre as últimas están A fuga a Exipto (2016) e O neno mariñeiro (2017). Sen dúbida, é á literatura infantil e xuvenil á que ten dedicado os seus maiores esforzos, cunha produción que supera os vinte títulos, entre os que se atopan: O león e o paxaro rebelde (1969), O gaiteiro e o Rato Pérez (1994), Contra o león covarde (1995), Larpancia saborosa do lobo e a raposa (2010) ou Tragaxán e Tragadiño (2016). Membro da Real Academia Galega, foi distinguido ao longo da súa traxectoria con numerosos galardóns como o Premio Abrente, o Pedrón de Ouro, o Premio Estornela de Teatro, o Premio Merlín, o Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago e o Premio Eixo Atlántico de narrativa


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

lobisimo-do-saco
mercar
Lobísimo do saco. Tres titiritadas
Neste libro atoparás tres pezas de teatro infantil: Sinfarainín contra don Perfeuto, Os burros que comen ouro (nunca cabalos serán) e Lobísimo do saco.13,00€
Tragaxán e Tragadiño
mercar
Tragaxán e Tragadiño
Bernardino Graña recrea aqueles tempos da infancia9,20€
A fuga a Exipto
mercar
A fuga a Exipto
Na liña da novela historica, neste caso partindo da tradición apócrifa cristiá, Bernardino Graña continúa nesta novela a súa reinterpretación narrativa da vida de Xesús Cristo.18,90€
sen sombra e amor
mercar
Sen sombra e sen amor
Amor e desengano, xustiza e aldraxe nun poemario no que Bernardino Graña amosa a súa madureza creativa.10,00€

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR