Bell

Aubrey Fitz Gerald Bell Naceu no ano 1881 no condado de Cumberland (Inglaterra), o mesmo lugar no que morrería en 1950. Estudou en Oxford, onde se familiarizou coa cultura greco-latina e coas literaturas italiana e francesa. Foi precisamente vivindo no sur de Francia cando empezou a interesarse polas culturas ibéricas. Aprendeu basco e iniciou as súa viaxes por España e Portugal en calidade de corresponsal do diario Morning Post. A súa identificación con estes dous paises levouno a residir neles durante amplos períodos de tempo e a afondar na súa historia e nas súas culturas. Entre a súa extensa bibliografía destacan os seus estudios e traducións ó inglés de Gil Vicente e Fray Luis de León, os seus ensaios sobre literatura portuguesa e castelá e traballos de divulgación como El Renacimiento español. Peregrino e viaxeiro das terras de España é un dos maiores expertos no coñecemento das terras extremeñas e de Frai Luís de León. Ten diferentes publicacións sobre ambos temas e diferente bibliografía de viaxes. Da súa viaxe galega deixonounos Galicia vista por un inglés.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

galicia vista ingles
mercar
Galicia vista por un inglés
Foi publicado por primeira vez en Londres, no ano 1922,3,00€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

grial-227Grial 227 VV.AA.
9788491514916Flores de ferroMaría Rei Vilas
9788491515562TiAnjel Lertxundi

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR