As Maimiñas

As Maimiñas As Maimiñas son Lucía Lago Fernández e Irene Álvarez Lago, ou o que é o mesmo, Mai e Miña.
Son dúas mosenses que un día, para celebrar a Semana da Familia nos coles dos seus fillos, decidiron actuar para eles. Foi entón cando decidiron facer o que querían que visen os seus nenos: un espectáculo de música e contos nos que eles puideran participar activamente.
Así, no mes de abril de 2011 naceron As Maimiñas.
Dende entón, e case sen decatarse, algo que comezou como un xogo, converteuse en parte da súa vida profesional. As súas aventuras téñenas levado ata o de agora por auditorios, asociacións e moitos coles de toda Galicia.
‘Unha Viaxe polo mundo’ é o seu primeiro traballo publicado e con el ven cumprido un dos seus soños.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

volta-revolta-e-reviravolta
mercar
Volta, revolta e reviravolta
Aprende a viaxar soñando20,00€
Unha viaxe polo mundo
mercar
Unha viaxe polo mundo
Para viaxar podes coller barcos, avións ou incluso camelo.20,00€

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR