Arturo Lezcano

Arturo Lezcano Arturo Lezcano (Ourense, 1939) estudiou Dereito e Xornalismo en Madrid e iniciou a súa relación coa cultura galega na tertulia ourensá de Vicente Risco. Nos anos sesenta desenvolveu unha ampla actividade no mundo dos cine clubes, que rememora no seu libro Ourense, cittá aperta (1999), aínda que profesionalmente se dedicou desde moi novo ao xornalismo. Foi director de Ferrol Diario, sobre o que publicou unha monografía en 1993, e traballou en La Región e en La Voz de Galicia, xornal do que foi redactor xefe. En 1987 recibiu o Premio de Xornalismo de Galicia e en 1991 obtivo o Premio Julio Camba. Como narrador deuse a coñecer na Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega, de Antón Risco (1993) e máis tarde publicou Os dados de Deus (1994), un libro de relatos no que aparecen moitas das liñas temáticas de Só os mortos soterran os seus mortos.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

Risco segundo Risco
mercar
Risco segundo Risco
Risco segundo Risco non é unha entrevista ao uso nin propiamente unha extensión do xenuíno xénero xornalístico.15,75€
dados deus
mercar
Os dados de Deus
Un libro de relatos nos que predomina o compoñente fantástico e nos que Arturo Lezcano introduce na narrativa galega xéneros pouco cultivados nas nosas letras, como a ficción científica.14,90€
so os mortos
mercar
Só os mortos soterran os seus mortos
Unha ducia de relatos fantásticos con presenza destacada do conto de medo.13,70€
ler a risco
mercar
Para ler a Vicente Risco
Introducción para o coñecemento da vida e obra do controvertido intelectual ourensán.13,70€

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR