arthur

Arthur Conan Doyle Sir Arthur Conan Doyle (1859-1930) é recoñecido como mestre do suspense e creador dun dos máis coñecidos personaxes de ficción do mundo. Exercía como médico cando escribiu a primeira aventura de Sherlock Holmes. O seu éxito fíxolle abandonar a súa primeira profesión para dedicarse á literatura. Durante uns corenta anos escribiu numerosas aventuras do seu famoso detective, ao que tratou de poñer fin en varias ocasións, pero o clamor do público impediullo. Foi o creador dun tipo de novela detectivesca na que a dedución é a arma principal e o azar non ten cabida. Ademais dos libros que tiñan como protagonista a Holmes, escribiu outras historias detectivescas, de ciencia ficción, de corte autobiográfico e numerosos contos e novelas breves nos que se revela coma un mestre do xénero.
Editorial Galaxia publicou na colección Biblioteca Sherlock Holmes un total de nove volumes con obras súas: Un estudio en escarlata, O arquivo de Sherlock Holmes, O can dos Baskerville, Memorias de Sherlock Holmes, O val do terror, As aventuras de Sherlock Holmes, O últimos adeus, O signo dos catro e O regreso de Sherlock Holmes.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

foto
mercar
Un estudio en escarlata
A primeira novela protagonizada por Sherlock Holmes11,95€
foto
mercar
As memorias de Sherlock Holmes
Varios roubos e crimes por resolver para Sherlock Holmes.14,90€
foto
mercar
O regreso de Sherlock Holmes
Sherlock Holmes reaparece cun bo número de novos casos por resolver.16,75€
foto
mercar
O can dos Baskerville
Unha historia de terror calofriante levada ao teatro, ao cinema e á televisión.14,90€
foto
mercar
O último adeus
Dende o escenario do crime, Holmes despídese con unha manchea de novos misterios que descifrar.14,90€
foto
mercar
O arquivo de Sherlock Holmes
Varias novelas curtas forman este arquivo de misterios resoltos polo detective londiniense.14,90€
foto
mercar
As aventuras de Sherlock Holmes
Unha tras outra, as aventuras sucédense como retos para a agudeza extraordinaria de Sherlock Holmes.14,60€
foto
mercar
O val do terror
Dous relatos curtos unidos entre si nos que Sherlock Holmes investiga casos calofriantes.11,20€
foto
mercar
O signo dos catro
Conan Doyle, na segunda novela de Sherlock Holmes, enfróntao ao enigma dunha misteriosa cita a cegas.9,80€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514909Santa Marta de MoreirasXosé Ramón Fernández-Oxea
9788491515548O nariz de FizMiro Villar

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR