sumai

Anxos Sumai Anxos Sumai (Catoira, 1962) é documentalista, tradutora e escritora. Colaboradora de distintas publicacións nos anos oitenta e noventa, a súa actividade literaria desenvólvese na rede dende o ano 2001 no portal: culturagalega.org, onde tivo as seccións "Anxos e diaños", con Roberto Ribao, e "Anxos da garda". Colaborou na segunda etapa da revista Guía dos Libros Novos coa sección "Hemisferio Oeste" (2003-2004). Entre os traballos de tradución destacan os Diarios de Syra Alonso.

Como narradora publicou Anxos da garda (2003) e Melodía de días usados (2005), en Editorial Galaxia. Obtivo o Premio Novos Valores da Narrativa Galega en 1985 e o segundo Premio no XI Concurso de Narracións Curtas Modesto R. Figueirido do Pedrón de Ouro, en 1986. En 2004 foi Premio da Crítica Galicia. En 2007 gañou o Premio de Xornalismo Literario e de Opinión Roberto Blanco Torres polo seu espazo de opinión "Somos perigosamente normais", emitido semanalmente no Diario Cultural da Radio Galega durante o 2006. Actualmente traballa no Consello da Cultura Galega.

En 2007 recibiu o II Premio de Narrativa Breve Repsol YPF pola obra Así nacen as baleas, publicada por Editorial Galaxia, e o Premio á Autora do Ano concedido polos membros da Asociación Galega de Editores. Por este mesmo libro obtivo o Premio San Clemente, concedido por rapaces de diversos institutos galegos. É a gañadora do Premio García Barros 2013


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

A lúa da colleita
mercar
A lúa da colleita
Premio García Barros 2013
Premio Fervenzas Literarias Mellor Portada Adultos 2013
Premio da Crítica 2014
Premio da Narrativa AELG 2014
20,50€
baleas
mercar
Así nacen as baleas
Premio de Narrativa Breve Repsol YPF 2007
Premio Arcebispo San Clemente 2008
13,00€
melodias usadas
mercar
Melodía de días usados
Literatura e vida danse a man en Melodía de días usados, o novo libro de Anxos Sumai. A escritora narra as súas vivencias cotiás nunha Compostela inzada de personaxes que semellan saídos da realidade inmediata, personaxes que xorden das húmidas pedras da cidade, esas que pouco a pouco quecen coa raiola da frescura e da autenticidade deste diario nado na Internet que agora a Galaxia chega transformado, con roupa nova e música leda para os lectores galegos.19,70€
 

Recensións


Noticias relacionadas

A narrativa galega en Cuba2009-04-22 09:30:19
O premio máis fermoso2009-05-28 10:52:41
'Retornos', por Anxos Sumai2011-09-29 15:01:11

Actividades relacionadas

Literactúa con Anxos Sumai2008-01-30 20:30:00
Conversa con Anxos Sumai2013-11-29 20:30:00

Novidades

milicianosMilicianosCastelao

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR