anxo

Anxo A. Rei Ballesteros Anxo Rei Ballesteros (Codeso, Boqueixón, 1952-Vigo, 2008) é un dos autores que máis influíron na evolución da narrativa galega contemporánea. A súa obra, iniciada coa novela Dos anxos e dos mortos (1977) e continuada con Loaira (1992), é, segundo o crítico Xoán González Millán "un dos proxectos novelísticos máis complexos e ambiciosos da historia da narrativa galega". Xunto coa obra de teatro Xogos de damas (1988) e o ensaio A outra memoria (1989) tamén é autor do libro de relatos A sombra dos teus soños (1998). No ano 2002 obtivo o Premio Ramón Piñeiro de ensaio con
Tempo e vinganza e, no 2007 xunto con Carlos Fernández, o Premio Ánxel Fole polo ensaio Urda e mundo.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

dezanove-badaladas
mercar
Dezanove badaladas
Escrita entre 1969 e 1970, cando o autor tiña dezasete anos,17,50€
sombra
mercar
A sombra dos teus soños
Velaquí a narrativa breve dun dos grandes escritores galegos do século XX14,70€
cando veremos
mercar
Non sei cando nos veremos
Un relato novelesco no que a lingua oral e a narración directa, precisa e de trazado firme, se combinan coa crítica contundente da moral e as formas de vida da sociedade de hoxe.16,50€
noite
mercar
A noite do moucho
Novela inédita de Anxo A. Rei Ballesteros que se publica postumamente e coa que se inicia a Biblioteca Rei Ballesteros, na que se vai recoller a obra literaria do autor.12,50€
anxos e dos mortos
mercar
Dos anxos e dos mortos
Un retrato da vida dun pequeno grupo de rapaces nos anos 70 en Compostela.14,70€
loaira
mercar
Loaira
Unha historia múltiple na que conflúen as distintas perspectivas e experiencias duns homes que volven ser personaxes de novela despois da súa iniciación á vida adulta na Compostela dos anxos e dos mortos…31,50€
tempo de vinganza
mercar
Tempo e vinganza
Unha análise orixinal e audaz sobre a concepción do tempo na modernidade a través do Hamlet de Shakespeare.21,70€
 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR