yañez

Antonio Yáñez Antonio Yáñez Casal vive en Ferrol, cidade na que naceu no ano 1959. Boa parte das súas vivencias están tamén ligadas á vila de Cariño, de onde é a súa familia. No eido da literatura foi por dúas veces finalista do Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, convocado pola Deputación Provincial da Coruña; a primeira na edición do ano 2000 coa obra Don Cosme e o telegrama amarelo, publicada en 2004, e a segunda, na edición do ano 2004 con Crisóstomo o alifáfaro, publicado por Galaxia en 2006. Así mesmo, en 2005 foi finalista do Premio Merlín de literatura infantil e xuvenil, convocado por Edicións Xerais, con Natasha e Dimitri.

Finalmente con Viaxe a Libunca, publicada por Galaxia, obtivo o premio Raíña Lupa 2006.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

libunca
mercar
Viaxe a Libunca
Premio Raíña Lupa da Deputación da Coruña 20068,70€
crisostomo
mercar
Crisóstomo o alifáfaro
Sabes que son os alifáfaros? Nunca oíches falar deles? Nin sequera cando atopas todo desordenado, os teus xoguetes estrados polo chan sen ter ti ningunha culpa ou o teu flan mordiscado polas beiras mesmo antes de que tiveses ocasión de meterlle a culler? En serio, se non sabes o que é un alifáfaro... non debes deixar de ler este libro. Porque aínda estás a tempo de identificar os que te rodean.10,70€

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514244O latexo dunha aula infantilÁngeles e Isabel Abelleira Bardanca
9788491514237O viaxeiro perfectoIván García Campos

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR