antonio-garcia-teijeiro-anxo-cabada

Antonio García Teijeiro Antonio García Teijeiro naceu en Vigo en 1952. É profesor, escritor e crítico de literatura infantil. Galardoado co Premio Merlín por Na fogueira dos versos, entrou na Lista de Honra do IBBY e concedéuselle o Premio Pier Paolo Vergerio da Universidade de Padua (Italia), un dos máis prestixiosos de Europa. Co poemario Arredor do teu corpo gañou o Premio Illas Sisargas. Pero estes son só algúns dos moitos recoñecementos que atesoura. Algúns dos seus poemas foron musicados por grupos de Galicia e por músicos como Antón Seoane e Paco Ibáñez. Mantén unha intensa actividade na rede dende o blog Versos e aloumiños.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

9788491513964
mercar
Bicos e non balas
Pola nosa boca poden saír balas pero tamén bicos. Poden saír versos e beixos. Podemos reclamar, a berroversos, a paz.19,00€
Raiolas de sol
mercar
Raiolas de sol
Unha raiola de sol, por breve que sexa, pode iluminar por completo espazos que quizais permanecían agochados aos nosos ollos.10,70€
dylan
mercar
Petando nas portas de Dylan
Fantástico achegamento á poesía para aqueles lectores que xa comezan a etapa preadolescente, tendo en conta os seus gustos musicais e as posibilidades que a música pop ofrece para ler doutro xeito a poesía.12,20€
as catro estacions
mercar
As catro estacións
Poesía viva, colorista e aberta sobre os encantos da primavera, o verán, o outono e o inverno.10,20€
poesia
mercar
A poesía necesaria
Este texto nace da paixón dun profesor que é escritor, dun escritor que é profesor, dun poeta que lles aprende aos cativos que a poesía tamén é alimento.12,20€
foto
mercar
A chave dos soños
Relatos sobre as dificultades que teñen os pequenos para viviren nun mundo feito polos maiores9,20€
chea aloumiños
mercar
Unha chea de aloumiños
Poemas breves que convidan á observación lírica e lúdica do mundo todos os días10,10€
a teima de xan
mercar
A teima de Xan
As lembranzas dun neno arredor do seu tío, os recordos dun tempo gris...8,90€
foto
mercar
Palabras envoltas en cancións
Fermosos poemas nacidos de cancións de grupos e músicos do pop e do rock internacional.8,20€
coplas
mercar
Coplas
Vinte e oito coplas cheas de ritmo porque, despois de todo, estamos diante de pequenas cancións cheas de imaxes suxestivas.7,20€
aloumiños
mercar
Aloumiños
Libro de poemas para os máis pequenos.7,20€
 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR