tovar

Antón Tovar Antonio Tovar Bobillo naceu en Rairiz de Vega en 1921. Estudou Filosofía e Letras e foi funcionario de Facenda e libreiro. Considerado como un dos máis grandes poetas galegos vivos, a súa obra comprende títulos como Arredores (1962), Non (1967), Calados esconxuros (1980), Berros en voz baixa (1990), A nada destemida (1991). En castelán é autor de libros como El tren y las cosas e La Lanzada (Versos hacia el mar). En 1989 publicou en Galaxia o libro de relatos A grande ilusión e outros contos. Ese mesmo ano apareceu Diario sin datas, do que o Diario íntimo dun vello revoltado (2001) pode considerarse en boa medida unha continuación. O 16 de xuño de 2004 faleceu en Ourense, logo dunha longa enfermidade.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

grande ilusion
mercar
A grande ilusión e outros contos
Un libro de relatos nos que aparecen non poucas das obsesións que tanto preocupaban e desacougaban ao seu autor: o mundo relixioso, a morte, a loucura…12,95€
foto
mercar
Diario íntimo dun vello revoltado
Un libro de características case insólitas na literatura galega, que recolle apuntamentoss de Antón Tovar sobre os seus temas máis frecuentados.18,60€
9788471548221
mercar
A nada destemida
O universo poético tovariano chega nesta implacable reflexión lírica a un punto de non retorno.10,50€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

9788491515562TiAnjel Lertxundi
9788491514879Benvidos á cidadeXurxo Sierra Veloso
poeta-en-nova-yorkPoeta en Nova YorkFederico García Lorca
9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR