Foto Antón Seoane

Antón Seoane Nace no Ferrol no 1949. Remata Mediciña no 1972. Fixo a especialidade de Psiquiatria, que aínda exerze. Foi membro do "Circulo Lacaniano" de Vigo.
Neto de Antonio Seoane, director entre 1900 e 1920 de "Airiños da Terra", agrupación musical ferrolá, da que nacería "Toxos e Froles", empezou a interesarse pola música aos nove anos, primeiro piano, despois guitarra. Entre 1973 e 1978, xunto a outros compañeiros, crea o MPCG:Movimento Popular da Canción Galega, alternativa de corte nacionalista as Voces Ceibes; nese periodo colabora en multiples proxectos con Rodrigo Romaní, Emilio Cao, Pilocha, Faiscas do Xiabre, está na creación do grupo Roi Xordo xunto a Xico de Carinho, se compromete de maneira decisiva coa recuperacion da Zanfona, conseguindo a súa recreación xunto o artesán Guillermo Alvarez, participa na gravacion do disco de Emilio Cao "Fonte do Araño", grava xunto a R.Romaní e Pepe Ferreirós o disco "Milladoiro", grava xunto a R.Romaní e Faiscas do Xiabre, o disco "In Memoriam", etc, ata que en outono de 1978 sería un dos membros fundadores do grupo Milladoiro, grupo no que estivo ininterrumpidamente ata febreiro de 2013.
Ademais da súa producción como membro de Milladoiro fixo outras de caracter independente: Creación do disco "Calamidá Sentimental" coa voz de Pilocha, sobre poemas de autoras galegas. Co productor musical xunto a Nando Casal do disco de Leilia "I é verdade i é mentira", creación do tema central "Foi coma un soño", para a pelicula "O lapis de carpinteiro" dirixida por Antón Reixa, participación no disco "Escarnio" do mesmo autor, creación do disco "Lambón", coa participación de Pilocha, Laura Amado, "Maestro Reverendo" e "Daquidarria", disco con cancións para cativos, creación do disco "A volta dos nove",coa voz de Pilocha e Anxo Angueira, e que acompañaba o libro homenaxe aos nove asesinados en Baiona polos falanxistas ao comenzo do golpe de estado do 36.
Outras produccions "atipicas": coautor do libro "Conxo manicomio e morte", coordinador do disco "Antoloxia Completa de Faustino Santalices", editado por Boa, autor da primeira Biografia de Faustino Santalices, editada por Ir Indo.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

De voces ceibes a Milladoiro
mercar
De voces ceibes a Milladoiro
É unha viaxe no tempo30,00€
 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR