riveiro coello

Antón Riveiro Coello Naceu en Xinzo de Limia, no ano 1964. Cursou estudios de Dereito na Universidade de Santiago e actualmente traballa na administración autonómica. Riveiro Coello é un dos narradores máis premiados dos xurdidos na literatura galega durante a pasada década. Ademais dun gran número de relatos en libros colectivos e revistas literarias ten publicadas as novelas Valquiria (1993, premio Camilo José Cela), A historia de Chicho Antela (1997), A quinta de Saler (1999), coa que foi finalista do premio Torrente Ballester, así como as recompilacións de relatos Parque Central(1996) e Airadas de palabras (1998), onde se recollen os contos que lle foron premiados nos certames Manuel Murguía e Modesto R. Figueiredo entre os anos 1991 e 1997. Con Animalia (2000) obtivo o premio Café Dublín corrrespondente a 1999. As rulas de Bakunin recibiu o premio García Barros en 2000, ano no que tamén logrou o Álvaro Cunqueiro de Narrativa con Homónima.

En 2007 publica en Galaxia A voz do lago, novela coa que se adentra na creación literaria para os lectores máis novos, e na colección Literaria Os ollos de K.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

A ferida do vento
mercar
A ferida do vento
En 1978, Antón ten quince anos e, logo de tres meses de internado, volve a Xinzo de Limia coa emoción de ver a súa primeria moza.14,00€
laura
mercar
Laura no deserto
Compostela, Barcelona, Europa durante a Segunda Guerra Mundial, Nova York a fins do século XX, son os escenarios dunha obra narrativa que ergue un sólido universo e entra na alma dos personaxes para nos falar cunha voz intensa sobre a identidade, a culpa, o amor ou a liberdade.28,00€
rulas bakumin
mercar
As rulas de Bakunin
Guerra Civil e anarquismo nunha novela histórica magnificamente narrada e con 4 edicións vendidas. Unha novela que como di o seu autor "me permitiu vivir outras vidas".16,00€
Os elefentes de Sokúrov
mercar
Os elefantes de Sokúrov
Premio Fervenzas Literarias 2015 ao Mellor Libro de Narrativa Na súa nova novela, Antón Riveiro Coello conta a historia de Janis, quen na Compostela de 2012 se enfronta a un difícil presente, o da crise económica, ao tempo que sente a necesidade de coñecer o seu pasado, as razóns dunha existencia da que non albisca futuro.22,00€
voz
mercar
A voz do lago
No mes de setembro de 1927 María Mariño e mais a súa familia deixan a rúa Cega de Noia para se mudaren ao lugar de Escarabote (Boiro), preto do pazo de Goiáns. A partir deste feito da biografía da poeta, esta novela tece historia, lenda e imaxinación.9,10€
Acordes náufragos
mercar
Acordes náufragos
Este libro recolle nove relatos escritos en diferentes épocas da vida do autor.13,50€
homonima
mercar
Homónima
Unha aventura que transcorre en México, nun ambiente de misterio e violencia primitiva.16,00€
quinta
mercar
A quinta de Saler
Un editor contrata a dous escritores, que non se coñecen entre eles, para que escriban unha novela compartida sobre O liberal de Saler, un home que intentou instaurar unha especie de comunismo no antigo Couto Mixto, aquel territorio de soberanía compartida na raia ourensá.14,10€
animalia
mercar
Animalia
Este libro agrupa relatos nos que a nota dominante é a presenza do estraño e o insólito na experiencia cotiá.11,80€
Esfinxe de amaranto
mercar
A esfinxe de Amaranto
A historia dunha familia con orixes no Oriente e na raia seca galega a través das voces das súas mulleres.19,90€
casas baratas
mercar
Casas baratas
As vivencias e as experiencias que constitúen a memoria da adolescencia son as que nutren Casas baratas. Un libro de contos co que Antón Riveiro Coello se debruza sobre o tempo no que se forma a personalidade e sobre o que se constrúe a memoria individual.14,10€
ollos
mercar
Os ollos de K
O escritor Suso Paradela convértese involuntariamente no protagonista dunha novela que escapa ao seu control.16,40€

Recensións


Noticias relacionadas

I figli di Bakunin2011-06-28 10:52:50
LAURA NO DESERTO en Vigo2012-06-08 12:12:35

Actividades relacionadas

Sinatura de Riveiro Coello2008-08-09 19:00:00
CULTURGAL 20112011-12-04 12:00:00
LAURA NO DESERTO2012-10-02 20:00:00

Novidades

guedellasdesedaelino2017Guedellas de seda e liñoMaría Victoria Moreno
grial-214Grial 214 VV.AA.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR