Antón Risco

Antón Risco Antón Risco (Allariz, 1926-Vigo, 1998) viviu dende neno nun ambiente familiar moi vencellado á vida cultural galega. Despois de rematar os estudos de Filosofía e Letras obtivo unha praza de profesor de español en Francia e máis tarde nos Estados Unidos. De alí pasou a Canadá, onde exerceu a docencia durante moitos anos na Universidade de Laval, en Quebec. Froito desa dedicación universitaria foron os seus estudos sobre literatura fantástica e a súa moi citada tese de doutoramento sobre as estéticas de Valle-Inclán. Pero a figura de Antón Risco cobra unha especial relevancia na literatura galega pola súa obra de creación, na que destacan libros como Memorias dun emigrante (1987, Premio da Crítica Española), As metamorfoses de Proteo (1989, Premio Galicia), Tres situacións elementais (1991), Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega (1991) e Mascarada (1995). Con Os fillos do río foi finalista en 1997 do Premio Torrente Ballester que convoca a Deputación da Coruña. Coa novela O embrión, publicada en Galaxia, obtivo o premio Rubia Barcia Cidade de Ferrol, no ano 2001, a título póstumo.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

os fillos rio
mercar
Os fillos do río
Seres marxinados que bivacan nun Ourense recreado por Antón Risco desde un ángulo novo.12,50€
metamorfosis proteo
mercar
As metamorfoses de Proteo
Novela fantástica protagonizada polos administrados aos que don Torcuato despoxa das súas propias personalidades.18,75€
tres situacións elementais
mercar
Tres situacións elementais
Tres situación determinadas que dan lugar a tres relatos de lectura agradable que buscan a complicidade co lector.18,75€
mascarada
mercar
Mascarada
Un argumento sorprendente, protagonizado por unha nai, unha filla e as súas respectivas parellas nun escenario inhabitual.13,95€
embrion
mercar
O embrión
Relato intenso e abafante dunha vida, narrado cunha prosa poliédrica.17,50€
ler a risco
mercar
Para ler a Vicente Risco
Introducción para o coñecemento da vida e obra do controvertido intelectual ourensán.13,70€
obxectos
mercar
Obxectos antigos de orixe ignorada
Novela inédita de Antón Risco que se publica postumamente.16,75€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR