antía cal

Antía Cal Antía Cal Vázquez (A Habana, 1923) naceu en Cuba mais volveu a Galicia coa súa familia de nena. Licenciouse en Xeografía e Historia na Facultade de Letras de Compostela no ano 1945.

A súa vocación pola pedagoxía, impulsada polo seu home, Antón Beiras García, e influída polas correntes pedagóxicas que coñeceu viaxando con el por Europa, levárona a crear no ano 1962 a Escola Rosalía Castro de Vigo.

Fronte a escola daquela época, o Rosalía foi pioneiro en moitos aspectos: unha escola laica, mixta, bilingüe (co inglés como segundo idioma desde o parvulario), na que primaba o respecto ao alumno, como suxeito de dereitos, e cunha didáctica activa na que mestres, pais e alumnos participaban do proxecto pedagóxico. Unha escola inserida no entorno social, comprometida coa reivindicación da realidade e a cultura galega, e en contacto estreito cos novos movementos de renovación pedagóxica, coma a Escola de Mestres Rosa Sensat de Cataluña, liderada por Marta Mata.

Antía Cal segue a ser hoxe unha das voces máis autorizadas que temos en Galicia no ámbito da pedagoxía. En 2012 a Fundación Otero Pedrayo concedeulle o Premio Trasalba e no 2015 o Ernestina Otero polo seu traballo a prol da Igualdade.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

Este camiño que fixemos xuntos
mercar
Este camiño que fixemos xuntos
Relato vital dunha muller galega do século XX.17,75€
 

Recensións


Noticias relacionadas

Homenaxe a Antía Cal2007-05-23 10:35:45
Premio Trasalba 20122012-08-07 12:42:49
Carta a Antón Beiras2012-08-07 12:41:22

Actividades relacionadas


Novidades

9788491514435O caderno de RosalíaMaría Xesús Blanco
9788491514398VillardevósSilvio Santiago
grial-224Grial 224 VV.AA.
rimaletrasRimaletrasMar Guerra

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR