angeles-e-isabel-abelleira-noire-et-blanche

Ángeles e Isabel Abelleira Bardanca Ángeles e Isabel Abelleira Bardanca son dúas irmás mestras de infantil que desde 2010 amosan o seu traballo na escola pública galega no blog InnovArte Educación Infantil, co ánimo de que se coñeza parte do que nela se fai e que, malia o seu valor, sempre queda oculto entre os muros dos centros. As experiencias de aula, reflexións educativas, recomendacións de lectura e outras moitas informacións deron lugar a que, a día de hoxe, se atopen máis de 1.200 post, lidos por milleiros de seguidores de toda Iberoamérica. Recibiron o premio Mestre Mateo (2011) polas súas colaboracións educativas no ámbito audiovisual; o Francisco Giner de los Ríos á mellora da calidade educativa (2012), e varios a nivel autonómico (2001-2003). Representaron a España na I Rede Iberoamericana de Innovación Educativa en Educación Infantil polo ciclo 3-6 (2014). En 2016 foron galardoadas co Marta Mata de Pedagoxía polo libro Os fíos de infantil, publicado en catalán, castelán, galego e portugués brasileiro.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

9788491514244
mercar
O latexo dunha aula infantil
Se en Os fíos de infantil as súas autoras apuntaban os vinte fíos ou constantes que deben estar presentes na praxe educativa, en O latexo dunha aula infantil fixan os dez eixos temáticos a abordar nesta etapa educativa, vinculando sempre a súa cotiandade coa escola.19,90€
os-fios-de-infantil
mercar
Os fíos de infantil
Traballo gañador do XXXVI Premio Marta Mata de Pedagoxía 2016. Esta edición contou coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria14,20€

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514244O latexo dunha aula infantilÁngeles e Isabel Abelleira Bardanca
9788491514237O viaxeiro perfectoIván García Campos

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR