camilleri

Andrea Camilleri Andrea Camilleri (Porto Empedocle, Sicilia, 1925-2019) publica a súa primeira novela, Il corso delle cose, no ano 1978, cando xa pasaba dos sesenta anos. A partir daquela, a súa obra non deixaría de medrar en títulos e en aceptación entre os lectores de todo o mundo. Á parte das novelas do inspector Montalbano, entre as que se pode salientar La forma dell'acqua (1994), Il cane di terracotta (1996) e La voce del violino (1998, Premio Flaiano), é autor dunha obra narrativa ampla, pola que obtivo o Premio Vittorini con Il birraio di Preston e o Premio Elsa Morante con La mossa del cavallo. Actualmente vive en Roma, onde imparte clases na Academia de Arte Dramático. Durante corenta anos foi guionista e director de teatro e televisión.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

pista
mercar
A pista de area
Con sentido do humor e sutileza literaria, Andrea Camilleri escribe unha divertida novela policial ao tempo que desvela o temor ás pegadas do tempo.17,50€
pension eva
mercar
A pensión Eva
Un dos autores italianos de maior prestixio internacional é o siciliano Andrea Camilleri. Con A pensión Eva, Camilleri abandona temporalmente o seu aclamado personaxe do inspector Montalbano e entrega aos lectores e lectoras unha novela memorable sobre a infancia e a adolescencia na Sicilia da Segunda Guerra Mundial. Editorial Galaxia edita a novela en galego dentro da Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, que publica en colaboración coa Concellaría de Cultura do Concello de Santiago.15,75€

Recensións


Noticias relacionadas

Outono de traducións2008-11-11 09:44:40

Actividades relacionadas


Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR