andrea-b-freije-cristina-r-lesmes

Andrea Barreira Freije (Fonsagrada, 1986) é graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e especialista en comunicación medioambiental, social e internacional. Na actualidade continúa a súa formación e está a estudar Pedagoxía. En 2015 publicou Non hai luz sen escuridade (Urco Editora), unha novela de xénero fantástico para público xuvenil. Para adultos ten relatos en antoloxías colectivas Contos do Sacauntos, Romasanta o criminal (Urco Editora). Lendas de Gallaecia, Segunda Era e Encontros na Terceira Fase (Contos Estraños), Tebras na Alma (autoedición), e Contos de Verán (Redelibros). Actualmente, imparte obradoiros de narrativa para adolescentes e adultos en Gestión cultural-Taller Abierto (Pontevedra). Ademais dá obradoiros de escrita creativa, é redactora na web Galicia Enteira e forma parte da plataforma de crítica literaria feminista A Sega, que visibiliza o traballo das escritoras.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

palabra-de-bruxa
mercar
Palabra de bruxa
As portas do muiño das Xanas sempre estiveron abertas para os habitantes de Queixumes.12,20€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

o-segredo-das-burgasO segredo das burgasAndrés Pombo Graña

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR