Nothomb

Amélie Nothomb Naceu en 1967 en Kobe (Xapón) de pais belgas. É unha autora de culto, un dos fenómenos editoriais máis interesantes dos últimos tempos, que conecta con doada complicidade coas inquedanzas da nosa época. Escribe en francés e é autora de dez novelas, entre as que compre salientar Hygiène de l’assasin (1992), que lle fai acadar notable popularidade en Francia, da que se chegaron a vender máis de 350.000 exemplares e da que se fixeron dúas versións teatrais e unha película de cinema. Con Stupeur et treblements (1999) obtén o Gran Premio da Academia Francesa, consagrándose como unha das grandes escritoras europeas ao ser tamén unha das autoras novas máis traducidas. En Galicia recibiu en 2002 o Premio San Clemente de Lectores Novos pola novela Cosmétique de l’ennemi. En 2003 foi traducida ó galego por Editorial Galaxia a súa novela Un nome de dicionario, antes de que aparecese a súa versión en castelán.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

nome
mercar
Un nome de dicionario
Unha novela que nos descobre a realidade angustiosa, crúa e actual dunha rapaza singular que ve crebada a súa vida pola anorexia.14,90€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

grial-227Grial 227 VV.AA.
9788491514916Flores de ferroMaría Rei Vilas
9788491515562TiAnjel Lertxundi

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR