alvaro-cunqueiro

Álvaro Cunqueiro Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981) dedicouse desde moi novo á literatura e ao xornalismo. Coa súa mestría estilística, o seu libérrimo uso das convencións literarias e a súa capacidade de integración de diferentes tradicións culturais, Cunqueiro anovou fondamente a literatura galega. Da súa obra escrita en galego destacan títulos coma Merlín e familia, As crónicas do sochantre, Escola de menciñeiros, Don Hamlet e Herba aquí e acolá.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

no-obradoiro-do-fabulador-vol-ii
mercar
No obradoiro do fabulador. Artigos en lingua galega. Faro de Vigo, 1972-1981.
Reúnense neste libro practicamente todos os artigos publicados en galego por Álvaro Cunqueiro no Faro de Vigo entre 1972 e 1981, continuando así un volume anterior do mesmo título no que se reuniron os que o autor de Merlín e familia deu ao prelo entre os anos 1963 a 1971.26,20€
no-obradoiro-do-fabulador
mercar
No obradoiro do fabulador. Artigos en lingua galega. Faro de Vigo, 1963-1971
Reúnense neste libro os artigos publicados en galego por Álvaro Cunqueiro no Faro de Vigo entre 1963, ano en que aparecen as primeiras colaboracións en galego, e 197126,20€
dona corpo delgado
mercar
Dona do corpo delgado
Unha xoia única do gran escritor mindoniense, nacida do pracer da palabra e da sensualidade requintada, mostra dun sentir fondamente humano.7,80€
cronicas sochantre
mercar
As crónicas do Sochantre
Unha historia contada a través dun fidalgo Bretón que se desenvolve durante a Revolución francesa, época que Cunqueiro escolle para sorprendernos cos seus coñecementos históricos e co seu dominio dos distintos rexistros literarios.16,90€
merlin familia
mercar
Merlín e familia
O libro fundacional da narrativa de Cunqueiro, poboado de personaxes inverosímiles pero absolutamente verdadeiros cos que a invención do seu autor chega a cotas prodixiosas.15,70€
don hamlet
mercar
Don Hamlet e outras pezas. Teatro galego completo. 1932-1968
Reúnense neste libro as obras de teatro escritas en galego por Álvaro Cunqueiro, desde a peza Rúa 26, publicada en 1932, ao Don Hamlet, cume da escritura cunqueirá.16,30€
xente de aqui
mercar
Xente de aquí e de acolá
Xente de aquí e de acolá é un conxunto de retratos que compoñen unha visión das nosas xentes e dun tempo. O retrato foi un dos xéneros que Cunqueiro cultivou con máis acerto.16,90€
outros feirantes
mercar
Os outros feirantes
Semblanzas de personaxes galegos, un xénero único no que Cunqueiro amosou a súa mestría.16,90€
poesia
mercar
Poesía 1933-1981 (Dona do corpo delgado/Herba aquí e acolá/Outros poemas)
Reúnese neste volume toda a obra poética publicada por Álvaro Cunqueiro desde 1933 ao ano do seu pasamento.20,90€
poesia 1932
mercar
Poesía 1932-1933 (Mar ao norde/Cantiga nova que se chama Riveira/Poemas do si e non)
Os tres primeiros poemarios de Cunqueiro, o triunfo definitivo da modernidade na poesía galega14,90€
O mundo que teño de meu
mercar
O mundo que teño de meu
Artigos en língua galega. Prensa e revistas 1930-198021,20€
foto
mercar
Herba aquí ou acolá
Vangardismo, neotrobadorismo e modernidade nun poemario xa célebre.14,90€
la cocina gallega
mercar
La cocina gallega
A cociña é arte, a expresión cultural cun pobo desenvolva ao longo do tempo.5,50€
foto
mercar
Tesouros novos e vellos
O discurso de ingreso na Real Academia Galega convertido nun clásico.12,50€
escola
mercar
Escola de menciñeiros
A primeira edición deste libro é de 1960; dende aquela non deixou de engaiolar lectores12,70€
sinbad
mercar
Si o vello Sinbad volvese ás illas
A nostalxia do vello Sinbad nos relatos en que lembra un pasado de aventuras que soña con retomar.13,90€
tesouros
mercar
Tesouros novos e vellos
Discurso de ingreso de Álvaro Cunqueiro na Real Academia Galega, publicado por primeira vez en 196413,90€
flor de diversos
mercar
Flor de diversos. Escolma de poetas traducidos
Escolma dalgúns dos moitos poemas traducidos ao galego por Álvaro Cunqueiro.15,90€
millior decila
mercar
Millor que dicila fora pintala…
Un libro que é porta de entrada ao mundo de Cunqueiro: a Terra de Miranda, o universo de Merlín.20,20€
cartas ao meu amigo
mercar
Cartas ao meu amigo. Epistolario mindoniense a Francisco Fernández del Riego. 1949-1961
A historia da amizade entre dúas das grandes figuras da cultura galega a través da súa correspondencia.20,30€
don hamlet
mercar
Don Hamlet
A relectura dun clásico convertida nunha das máis grandes pezas do teatro galego de todos os tempos.9,70€
 

Recensións

Homenaxe a Álvaro Cunqueiro2011-02-26 19:00:00
CEN ANOS CON CUNQUEIRO2011-08-09 20:30:00
César Morán en Allariz2012-11-24 20:30:00

Noticias relacionadas

Comeza o Ano Cunqueiro2011-05-04 14:03:38
Mil e un Cunqueiros2012-03-27 10:31:37
Cunqueiro, hoxe, cen anos2012-03-27 10:17:59
O mundo que teño de meu2013-04-19 10:49:16
Un teatro máis que completo2016-08-30 08:55:09

Actividades relacionadas

Homenaxe a Álvaro Cunqueiro2011-02-26 19:00:00
CEN ANOS CON CUNQUEIRO2011-08-09 20:30:00
César Morán en Allariz2012-11-24 20:30:00

Novidades

grial-222Grial 222 VV.AA.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR