conde

Alfredo Conde Naceu en Allariz en 1945. Foi deputado polo PSOE en 1982 e conselleiro de Cultura entre 1987 e 1990. Fundador do grupo Voces ceibes, foi membro fundador da Asociación de Escritores en Lingua Galega e do PEN Clube de Galicia.

Os seus primeiros pasos no campo da literatura deunos como poeta ao publicar en 1968 Mencer de lúas. En 1974 deu a coñecer o seu primeiro libro de relatos, Mementos de vivos. A este seguiríano varias novelas: Contubernio catro de Tomé S. (1977), Come e bebe que o barco é do amo (1978), Breixo (1981), Memoria de Noa (1982), e Xa vai o griffon no vento (1984), que recibiu os premios Blanco Amor, Nacional de Literatura, da Crítica e Grinzane Cavour, este último concedido pola tradución alemana. En 1990 apareceu a colección de relatos Música sacra. Recibiu os premios de xornalismo Fernández Latorre e Julio Camba.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

mementos
mercar
Mementos de vivos
ESGOTADO
A infancia dun neno nacido nunha vila galega, fortemente marcado pola presenza da figura do seu avó e por un espazo máxico, a casa onde aquel vive.
11,50€
musica sacra
mercar
Música sacra
Un conxunto de relatos escritos ao longo de distintas viaxes polo mundo adiante, cun ton cosmopolita do que sae a música lene dunha ironía e un lirismo inconfundiblemente nosos.12,80€
breixo
mercar
Breixo
Trazado da división imperceptible entre soño e realidade, subxectividade e obxectividade14,20€
barco
mercar
O barco
Retrato fragmentario, memoria subxectiva dun tempo atravesado pola opresión e a mesquindade.14,40€
lukumii
mercar
Lukumí
Na súa novela que leva por título Lukumí Alfredo Conde narra a colonización de Cuba, o devalo da revolución e a esperanza fanada da utopía internacionalista.15,70€
María das Batallas
mercar
María das Batallas
María das Batallas conta a historia de María Pita e da defensa da cidade da Coruña fronte ao ataque das tropas de sir Francis Drake.18,50€

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR