alfonso

Alfonso Álvarez Cáccamo Naceu en Vigo en 1952. É mestre e iniciou a súa obra literaria con textos destinados ao público infantil. Autor polifacético e sorprendente, procede dunha das familias máis literarias de Galicia. Neto, fillo, irmán e curmán de creadores, el mesmo é un dos nomes máis recoñecidos da narrativa galega actual, como o demostra a súa cumprida bibliografía literaria e os premios que por ela ten acadado. En 1988 obtén o Premio Café de Catro a Catro coa novela curta Peito de vimbio. En 1990 gañou o Premio Xerais con As baleas de Eduardo Reinoso, texto co que inicia unha liña de narrativa baseada no recurso do humor, liña que continua na colección de relatos O eco de Ramallón (1992). Con Xente de mala morte (1993), oito contos vencellados polo tema do suicidio e polo ton humorístico co que está tratado, resulta gañador do Premio Álvaro Cunqueiro; en 1996 acadou o Premio García Barros coa novela O espírito de Broustenac. En O bosque de Levas realiza unha actualización narrativa da historia volvendo empregar o recurso humorístico como forma de relativización e crítica da realidade.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

bosque levas
mercar
O bosque de Levas
Unha novela repleta de humor na que un estraño personaxe vido do alén aparece na Galicia do século XX.16,90€
globos
mercar
A revolución dos globos
Dentro deste libro latexa a vida. Tamén latexa esoutra forma de vida que é o recordo.13,00€

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

unha-verdade-amargaUnha verdade amargaCelia Díaz Núñez

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR