Foto Alberto Ramos

Alberto Ramos ALBERTO RAMOS (Santiago, 1986) licenciouse en xornalismo na Facultade de Ciencias da Comunicación de Compostela. Dende o ano 2009 traballou na sección de cultura de Xornal de Galicia ata o peche da cabeceira. Dende aquela traballa de freelance para medios de comunicación coma Luzes, Praza pública ou Sermos Galiza. Combina o traballo de xornalista coa súa faceta literaria. No ano 2006, gañou o Premio Biblos Pazos de Galicia coa novela Dor pantasma. Tres anos despois, obtivo o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia coa obra Con acuse de recibo e, en 2012, acadou o Premio Vicente Risco de Creación Literaria coa novela Todos os días.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

Máscaras rotas para Sebatián Nell
mercar
Máscaras rotas para Sebastian Nell
Premio de Novela Manuel García Barros 201425,95€
 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR