alberte-moman-503x321

Alberte Momán Alberte Momán Noval, nado en Ferrol o 28 de setembro de 1976, é un escritor e enxeñeiro técnico agrícola. Ten colaborado en diversos volumes colectivos, como a primeira edición de Relatos de Verán do diario La Voz de Galicia, ou a colectánea poética Xuro que nunca volverei pasar fame. Poesía escarlata (Difusora de Letras, Artes e Ideas 2003). Colaborou, tamén, no volume de poesía Sempre mar. Cultura contra a burla negra, promovido e editado pola asociación Burla Negra con motivo do afundimento do Prestige. Tamén no libro publicado co gallo do certame de narrativa breve do concello de Curtis na edición do 2005, en que recibiu un accésit pola obra Benvidos á noite americana. Colaborador do xornal A Peneira, é autor de Efecto Iguana, novela por entregas que se publica no suplemento cultural deste xornal. En maio de 2006 participa nos Dias da Criação celebradas na Casa da Eira Longa en Vilar-Boticas (Trás-os-Montes). En febreiro de 2007 publica O alento da musa (Difusora de Letras, Artes e Ideas). No 2007 saca o volume colectivo de poesía A porta verde do sétimo andar, da agrupación do mesmo nome. Tamén ten colaboracións en revistas como Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, editada pola UCM, ou Dorna, que publica a USC. É membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). No 2012 bota a andar a editora O Figurante Edicións.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

a-viaxe-de-ana
mercar
A viaxe de Ana
Ana quere saír xogar. E sae. Pero cada vez que pisa a rúa, algo lle fai ver que non todo anda ben na súa vida. Daquela, volve, e cóntallo á avoa.16,50€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

carabelaCarabelaPaula Carballeira
prana-apanaPrana ApanaPatricia Rivas Gallego

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR