camus

Albert Camus Albert Camus (1913-1960). Escritor e filósofo francés nado en Alxeria, destacou como dramaturgo e novelista, traxectoria pola que obtivo en 1957 o Premio Nobel de Literatura. Entre os seus títulos máis notables figura O estranxeiro, publicado en 1946 e que se vincula coa vaga existencialista que percorre Francia nos anos trinta e corenta do século XX.

Intelectual de sólidas conviccións, durante un tempo militou no Partido Comunista de Francia, para despois vincularse cos movementos anarquistas e libertarios. En 1942 publicou un ensaio titulado O mito de Sísifo no que formula os aspectos básicos do que logo se vai coñecer como literatura do absurdo.

Galaxia publica na Biblioteca ESAD Galicia as pezas teatrais Calígula. O malentendido. Outras obras súas son Os xustos (1950) e a novela A peste (1947).


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

caligula
mercar
Calígula. O malentendido
Dous textos fundamentais na traxectoria literaria do Camus dramaturgo.18,95€
 

Recensións


Noticias relacionadas

A Galicia de Camus2015-07-09 15:41:07

Actividades relacionadas


Novidades

9788491514800Illados. Diario da pandemiaMaría López SándezMiguel Muñiz
9788491514862SilencioAgustín Agra
o-paraiso-dos-inocentesO paraíso dos inocentesAntón Riveiro Coello

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR