Foto Alain-G. Gagnon

Alain-G. Gagnon Catedrático de Ciencia Política no departamento de Ciencia Política da Universidade do Quebec, en Montreal, é titular da cátedra de investigación do Canadá en estudos quebequeses e canadenses. Tamén é director do Centro de Investigación Interdisciplinaria sobre a Diversidade e da Democracia (CRIDAQ) no Québec e coordinador do Grupo de Investigación sobre as Sociedades Plurinacionais. Recibiu o Premio Josep Maria Vilaseca i Marcet, concedido polo Instituto de Estudos Autonómicos da Generalitat de Cataluña, pola súa obra Au-delà de la nation unificatrice: plaidoyer pour le fédéralisme multinational, e tamén o Premio Marcel-Vincent, entregado pola Asociación Francófona para o Saber. Cómpre salientar a súa achega científica. En 2008, recibiu o Premio de excelencia da Sociedade Quebequesa de Ciencia Política e foi elixido membro da Sociedade Real do Canadá. En 2010, obtivo a Cátedra de Excelencia Santander da Universidade Carlos III de Madrid. O mesmo ano, mereceu o prestixioso Premio Trudeau, concedido pola Fundación Pierre Elliott Trudeau polo seu liderado científico.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

Tempo de incertezas
mercar
Tempo de incertezas
Ensaios sobre federalismo e diversidade nacional22,95€
 

Recensións


Noticias relacionadas


Actividades relacionadas


Novidades

9788491514435O caderno de RosalíaMaría Xesús Blanco
9788491514398VillardevósSilvio Santiago
grial-224Grial 224 VV.AA.
rimaletrasRimaletrasMar Guerra

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR