3

Aid Aida Alonso Iglesias, artisticamente coñecida como Aid, é unha cantante e compositora de hip hop e música urbana. Naceu en 1990 en Vigo, e o seu contacto co hip hop chega ao redor dos 12 anos, cando comeza a facer as súas primeiras gravacións caseiras de rap ao redor do ano 2003. En 2004 é un amigo seu quen colga catro dos seus temas nunha coñecida páxina web, sacando á luz o que ía ser a súa primeira maqueta 'Demo' (2004), e 'Aquí tenéis foi a segunda', lanzada en xaneiro de 2007.

O 22 de outubro de 2008 gaña a IV edición do Festival Heineken Greenspace, en Valencia, por diante de máis de 1.300 grupos, converténdose na primeira rapeira que o acada e a artista máis nova que o logra. O 9 de febreiro de 2009 saíu á rúa Jugando, álbum co que debuta. O 28 de xullo de 2009 saíu elixida artista da semana no portal musical iTunes, co tema "Boogie Vigo", e en setembro artista do mes no concurso Ones To Watch, de Myspace. O 11 de xullo de 2010 gañou o concurso Márcate un Squares de Kellogs.

Entre outros traballos, destacan a elaboración de obradoiros de hip hop en centros culturais e de ensino galegos e o seu traballo como locutora e reporteira en medios locais. Ademais da súa faceta artística, é afeccionada ao deporte e estuda Enxeñería de Telecomunicacións na Universidade de Vigo.


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

rap
mercar
Rapoemas
Os clásicos galegos a ritmo de rap20,00€
 

Recensións


Noticias relacionadas

Galaxia no Festigal2012-11-05 15:04:25
Aprendendo a rapear con Aid2012-12-18 09:19:08

Actividades relacionadas

Aid presenta RAPOEMAS2012-07-03 21:00:00
Aid presenta RAPOEMAS2012-08-05 20:00:00
Concerto de AID no Festigal2012-07-24 22:00:00
Concerto de AID en Carballo2012-08-26 20:30:00
Concerto de Aid2013-05-10 20:30:00

Novidades

grial-214Grial 214 VV.AA.
unha-ducia-de-galegosUnha ducia de galegosVíctor F. Freixanes

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR