agustion fdez

Agustín Fernández Paz Naceu en Vilalba no ano 1947 e finou en Vigo en 2016. Mestre e licenciado en Ciencias da Educación, desenvolve a súa actividade profesional no ensino. Despois de exercer o maxisterio en diversos centros escolares, traballou no gabinete de estudos para a Reforma Educativa e, na actualidade, é coordenador docente de Lingua Galega na cidade de Vigo. Aínda que é autor de moitos traballos sobre cuestións pedagóxicas e relacionadas coa literatura infantil e a normalización lingüística, Fernández Paz debe a súa popularidade como escritor á súa obra narrativa, recoñecida dentro e fóra de Galicia con numerosos premios. En 2008 recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa obra O único que queda é o amor. En 2011 foille concedido o VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. En 2012 foi nomeado Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo.

Entre os seus libros destacan A cidade dos desexos (1989), As flores radiactivas (1989, premio Merlín), Contos por palabras (1990, premio Lazarillo), Lonxe do mar (1991), O tesouro do dragón Smaug (1992), As tundas do corredor (1993), Rapazas (1993), Trece anos de Branca (1994, premio Edebé) e Unha lúa na fiestra (1997).
En 2014 foi distinguido co Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo


OUTRAS OBRAS DO AUTOR/A

a noite dos animais
mercar
A noite dos animais
A misteriosa historia de Raquel e o caderno chinés.7,10€
zeralda
mercar
Zeralda e o dragón
Un dragón, unha princesa e un bruxo nunha aventura marabillosa8,75€
foto
mercar
Unha lúa na fiestra
Cinco contos fantásticos cos nenos e as nenas como protagonistas.8,80€
 

Recensións


Noticias relacionadas

O saber que vén de lonxe2012-03-27 10:32:07

Actividades relacionadas


Novidades

9788491514725Unha estrela para AminaCelia Díaz Núñez
cronica-viva-do-pensamento-galegoCrónica viva do pensamento galegoMarcelino Agís Villaverde
arbores-no-desertoÁrbores no desertoRosalía Fernández Rial

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR