Autor/a destacado/a:
Marcos Calveiro
27/11/17

Marcos Sánchez Calveiro, coñecido como Marcos Calveiro, naceu en Vilagarcía de Arousa no ano 1968 e actualmente reside en Vigo, onde exerceu a avogacía e agora rexenta un local de hostelaría. Comezou a súa carreira literaria creando obras dedicadas á literatura infantil e xuvenil, escribindo principalmente en galego. Neste campo recibiu numerosos premios como o Ala Delta, o Barco de Vapor ou o Lazarillo. Tamén publicou obras no campo da poesía e o ensaio e en 2008 publicou a súa primeira novela dirixida ao público adulto, Festina Lente, recoñecida co Premio da Crítica de narrativa galega. En 2015 gañou o IX Premio Narrativa Breve Repsol coa novela Fontán e en 2017 o XXIX Premio García Barros coa novela O xardineiro dos ingleses.

Chega ás librarías Senlleiras, Premio Illa Nova de Narrativa 2018

Estes días chega ás librarías Senlleiras, a novela coa que Antía Yáñez gañou o Premio Illa Nova de Narrativa 2018 para autoras e autores menores de 35 anos, un libro co que a autora debuta na ficción para o público adulto. En Senlleiras unha influencer sobe unha foto ás redes sociais onde aparece unha man …

I Premio de Novela Camiño de Santiago

1. A este premio poderán concorrer todos os autores e autoras que o desexen cunha novela escrita en castelán ou galego, conforme ás normativas establecidas, en cada caso, pola Real Academia Española e a Real Academia Galega. Os autores e autoras só poderán enviar unha obra ao concurso, que deberá ser orixinal e inédita en …

En memoria de Manuel Antonio (Cholo) Rei Flórez, por Xavier Alcalá

Entre escritores xorde unha tendencia frecuente: a de imaxinar personaxes coas características de persoas coñecidas. Por veces, axústanse contas con compañeiros da vida dos que non gustamos. Outras, retratrátanse amigos queridos coma personaxes. Alén da desventura é unha novela chea de amigos –e non tan amigos– do século XX personificados como suxeitos do século XVIII. …

Ana Cabaleiro gaña o Premio García Barros 2018

Reunido hoxe no concello da Estrada, o xurado do XXX Premio de Novela Manuel García Barros decidiu declarar gañadora a novela As Ramonas que, aberta a plica, resutou ser da autoría de Ana Cabaleiro. O xurado, composto por Eulalia Agrelo Costas, Carlos Lema, Armando Requeixo, Olalla Cociña e Carlos Loureiro, actuando como secreatrio, sinalou que …

Preséntase á prensa en Compostela o I Premio de Novela Camiño de Santiago

Esta mañá, ás 12:30h, tiña lugar na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela a presentación á prensa da convocatoria do I Premio de Novela Camiño de Santiago. No acto interviron membros das distintas entidades convocantes: Xesús Palmou e Ulises Bértolo, presidente e secretario da Academia Xacobea, Manuel Fernández Pellicer, delegado en Galicia de Naturgy, Valentín …

A Sega nomea Nosa Señora das Letras 2018 a Marica Campo

Coa elección de Antón Fraguas como figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2019, lembramos que plataforma de crítica literaria feminista A Sega xa dera a coñecer o pasado febreiro o nome da homenaxeada no seu Día das Galegas nas Letras, unha proposta alternativa que este ano estará dedicada á escritora María Campo. Din dende …

O ouro das lúas: unha novela de segredos

Estes días chegaba ás librarías galegas O ouro das lúas a nova novela de Beatriz García Turnes publicada na colección Costa Oeste. O ouro das lúas arrinca coa viaxe chea de aventuras que emprende Tide no séquito da súa señora, a sacerdotisa Ura. Tide, protagonista, pensa que a longa peregrinación vaina levar ao Templo do …

A Editorial Galaxia convidada ao Encontre D’Editors de Valencia

A Editorial Galaxia, a través do seu director xeral, Francisco Castro, participará no Encontre D’Editors que se celebra os días 12 e 13 de xullo no Parador Nacional de Benicarló. Trátase do encontro anual das editoras e editores do País Valencià, un foro onde cada ano se reflexiona arredor de distintos asuntos de crucial importancia …

Falece Xerardo Fernández Albor

Hoxe soubemos con pesar do falecemento de Xerardo Fernández Albor (1917-2o18), primeiro presidende do goberno autonómico de Galicia entre 1982 e 1987 e eurodeputado entre 1989 e 1999. Médico de profesión, Fernández Albor fundou a compostelá clínica da Rosaleda arredor da cal trabou amizade cos primeiros círculos do galeguismo cultural da posguerra. Na actualidade estaba …

Patricia Mallo recolle o I Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

O pasado venres, ás 20:30h, o auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal acollía a entrega do I Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro. No acto participaron a gañadora, Patricia Mallo, e os membros do xurado que escolleu Os Fantom como a primeira novela en ser distinguida co galardón: a escritora e académica Fina …


CATEGORIAS

AUTORES/AS

LIGAZÓNS DE INTERES

Fields marked with an * are required

Subscríbete ao noso

BOLETÍN DE NOTICIAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR