Kerouac Vigo

O Festival Kerouac é, indiscubiblemente, un dos eventos de poesía urbana máis importantes de todos cantos se celebran en España. Naceu en Vigo pero nos seus anos de historia chegou xa a Nova York e a congregar poetas dos cinco continentes.

Emma Pedreira

A Coruña, 1978. É licenciada en Filoloxía Hispánica, poeta e narradora. Entre a súa ampla pordución destacan os poemarios Xoguetes póstumos (2010), Libro das mentiras (2012) e s/t (2015). Como narradora, publicou varios libros e en 2016 gañou o Premio Narrativa Quentes que convoca Edicións Positivas co libro Corazón e demais tripas.

Chema Ríos Torre

Nado en Laguna de Duero (Valladolid). Estuda no Colexio La Salle de Santiago de Compostela e posteriormente na Facultade de Medicina. Tras o examen do MIR fai a especialidade de Xinecoloxía e Obstetricia. Por oposición, é nomeado Xefe Clínico de Cupo de Obstetricia no Servizo Público de Saúde. Presidente da asociación cultural sen ánimo de lucro, […]