Así comeza “Virtudes (e misterios)”

Categoría: Nova

“Cando a avoa se anoxaba, acendíaselle un brillo de fereza nos ollos e apertaba os dentes nun aceno severo que lle tiraba do queixo para arriba e lle tensaba as engurras. A min lembrábame a un bulldog á espreita da túa debilidade, do teu erro: mirábate dende embaixo, dende a altura mínima das pernas arqueadas, nun contrapicado que, lonxe de restarlle autoridade, anunciaba o inminente estalo da súa indignación. Cando a avoa se anoxaba comigo, debíase casa sempre a que eu lle levaba a contraria nas súas opinións incontestables ou a unha lea que -segundo ela- era culpa miña, pero tiñan os meus razoamentos, que retrucaba sen posibilidade de apelación:
-Ti estás wrong!
A vez que máis rifou en min, a vez na que puiden sentir máis de preto a trabada do bulldog, foi unha madrugada fronte ao seu domicilio en Londres, cando nos dispuñamos a saír para o aeroporto onde tiñamos que coller o voo que nos traería a Galicia”
Así é como comeza o Premio Blanco Amor 2019, Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga. Contar a emigración dende a parte dos retornados. Velaí o obxectivo que se propuxo o autor ao encetar esta novela que é, sobre todo, o relato dunha epopea como a que protagonizaron tantas mulleres que, levadas pola adversidade, rematan percorrendo o mundo á procura dun futuro mellor.
Sen dúbida, de lectura obrigada!

Comparte nas túas redes sociais ou por email